Acerca
da Asociación.
A asociación Mulleres Rurais de Galicia (AMURUGA) é unha entidade sen ánimo de lucro e totalmente independente que agrupa a un amplo número de mulleres que nace no ano 2015 cun claro e primeiro obxectivo: que as mulleres rurais deixen de ser invisíbeis e que a súa voz se escoite.
A maior parte da mulleres rurais desenvolven o seu traballo na explotación familiar agraria, padecendo todos os inconvintes de traballar pero ningunha das súas vantaxes, posto que o traballo non lles reporta – de forma directa e persoal- remuneración, dereitos sociais ou identidade profesional.
As mulleres rurais queren a igualdade de oportunidades entre o medio urbano e rural e para acadala é necesaria a mellora da vida diaria das mulleres rurais e das súas familias e, ademáis, é fundamental a información e a formación.
Mostra clara da nosa vocación é a inscripción da entidade en diferentes rexistros da Xunta de Galicia, destacando como:
Entidade Colaboradora da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia tecnolóxica en materia agraria,co número ECMR_128/18.
Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Consellería de Política Social, na categoria: INICIATIVA SOCIAL e na área estratéxica de actuación de IGUALDADE, co o número E-7013.

Representar, xestionar e defender os dereitos e intereses das mulleres rurais e das súas familias

Procurar a igualdade de oportunidades da muller rural e a súa equiparación co medio urbano.

Contribuír en todas as formas e por todos os medios apropiados á formación profesional, técnica, social e cultural das mulleres e familias do ámbito rural.

Fomentar todo tipo de accións formativas, culturais e sociais co propósito de mellorar a calidade de vida da muller rural.

Divulgar coñecementos científicos e tecnolóxicos relativos ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC)

Concienciar ás mulleres, e aos habitantes do rural en xeral, da importancia do asociacionismo como motor para a transformación deste ámbito.

Fomentar e facilitar o acceso das mulleres a unha formación permanente.

Fomentar a participación das mulleres nas asociacións profesionais e económicas.

Incorporar á muller rural aos procesos de conservación dos recursos naturais e de protección do medio ambiente, garantindo un desenvolvemento sostible.

Impulsar o desenvolvemento da xente nova do medio rural.

Apoiar o carácter emprendedor e empresarial das mulleres rurais .

Erradicación da violencia de xénero que se exerce contra as mulleres.

Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, manter o arraigo da poboación e fomentar a creación de emprego.
Ofrecemos Información sobre todas as cuestións que preocupan á muller rural: formación, emprego, xestión empresarial, sector agrario, igualdade de oportunidades, violencia de xénero, convocatorias, axudas e subvencións, etc.
Axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo das mulleres galegas
Secretaría Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos da Comunidade Autónoma
Consolidación do movemento asociativo das mulleres galegas
Todos los derechos reservados