Asociación Mulleres Rurais de Galicia
Acerca da Asociación
Noticias
Contacto
AMURUGA
A asociación Mulleres Rurais de Galicia (AMURUGA) é unha entidade sen ánimo de lucro e totalmente independente que agrupa a un amplo número de mulleres que nace no ano 2015 cun claro e primeiro obxectivo: que as mulleres rurais deixen de ser invisíbeis e que a súa voz se escoite.
A maior parte da mulleres rurais desenvolven o seu traballo na explotación familiar agraria, padecendo todos os inconvintes de traballar pero ningunha das súas vantaxes, posto que o traballo non lles reporta – de forma directa e persoal- remuneración, dereitos sociais ou identidade profesional.
As mulleres rurais queren a igualdade de oportunidades entre o medio urbano e rural e para acadala é necesaria a mellora da vida diaria das mulleres rurais e das súas familias e, ademáis, é fundamental a información e a formación.
Mostra clara da nosa vocación é a inscripción da entidade en diferentes rexistros da Xunta de Galicia, destacando como:
Entidade Colaboradora da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia tecnolóxica en materia agraria,co número ECMR_128/18.
Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Consellería de Política Social, na categoria: INICIATIVA SOCIAL e na área estratéxica de actuación de IGUALDADE, co o número E-7013.
Os nosos principais obxectivos son
- Representar, xestionar e defender os dereitos e intereses das mulleres rurais e das súas familias.
- Procurar a igualdade de oportunidades da muller rural e a súa equiparación co medio urbano.
- Contribuír en todas as formas e por todos os medios apropiados á formación profesional, técnica, social e cultural das mulleres e familias do ámbito rural.
- Fomentar todo tipo de accións formativas, culturais e sociais co propósito de mellorar a calidade de vida da muller rural.
- Divulgar coñecementos científicos e tecnolóxicos relativos ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC)
- Concienciar ás mulleres, e aos habitantes do rural en xeral, da importancia do asociacionismo como motor para a transformación deste ámbito.
- Fomentar e facilitar o acceso das mulleres a unha formación permanente.
- Fomentar a participación das mulleres nas asociacións profesionais e económicas.
- Incorporar á muller rural aos procesos de conservación dos recursos naturais e de protección do medio ambiente, garantindo un desenvolvemento sostible.
- Impulsar o desenvolvemento da xente nova do medio rural.
- Apoiar o carácter emprendedor e empresarial das mulleres rurais .
- Erradicación da violencia de xénero que se exerce contra as mulleres.
- Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, manter o arraigo da poboación e fomentar a creación de emprego.
Destacamos
Incorporación á Empresa Agraria
Informática e Novas Tecnoloxías da Información.
Transformación, comercialización e marqueting de produtos agrarios autóctonos.
Diversificación de actividades económicas no medio rural. Autoemprego. Cooperativismo.
Desenvolvemento rural sostible. Autoemprego. Cooperativismo.
Aproveitamentos non madereiros do monte. Autoemprego. Cooperativismo.
Os nosos cursos

Mellora da xestión dos aproveitamentos non-madereiros: a resina.

Participación de Empresas/Entidades da Industria Galega en Proxectos Europeos de Innovación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal.

WEBINAR: Aplicación de tecnoloxías de detección de masas resineiras aproveitables – Imaxe dron.

WEBINAR: Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais.

WEBINAR: Mellora da valorización e aproveitamento da biomasa forestal para a produción de enerxía.

WEBINAR: Valorización de subprodutos forestais e aproveitamento da biomasa para tecnoloxías de valorización non-enerxéticas.

WEBINAR: Posibilidades das convocatorias de Industrias Biobasadas (BBI-JU) da UE para empresas e entidades forestais.
AMURUGA
PROXECTO "MULLER E EMPRENDEMENTO RURAL"
Curso "Incorporación á empresa agraria"
FOIO0A: Importe concedido 12.138€
Porcentaxe financiamento 80%
FOIO0B: Importe concedido 2404€
Porcentaxe financiamento 80%
AMURUGA
PROXECTO: "MULLER E EMPRENDEMENTO RURAL"
EI-3 PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO
FOIO0A: Importe concedido: 15.080€
Importe financiamento 80%
AMURUGA
PROXECTO: "MULLER E EMPRENDEMENTO RURAL"
EI-3 PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO
FOIO0A/2026: Importe concedido: 20.440,81€
Importe financiamento 80%
FOIO0B/2026: Importe concedido: 10.000 €
Importe financiamento 80%
AMURUGA
PROXECTO "MULLER E EMPRENDEMENTO RURAL"
Curso "Incorporación á empresa agraria"
FOIO0A: Importe concedido 12.138€
Porcentaxe financiamento 80%
FOIO0B: Importe concedido 2404€
Porcentaxe financiamento 80%
AMURUGA
MULLER E EMPRENDEMENTO RURAL
CURSOS ONLINE GRATUÍTOS
+ INFO
AMURUGA
Xogos tradicionais de Galicia: habelos, hainos
CURSOS ONLINE GRATUÍTOS
+ INFO
Contacto
Axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo das mulleres galegas
Secretaría Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada con Fondos da Comunidade Autónoma
Consolidación do movemento asociativo das mulleres galegas
Todos los derechos reservados